Mostrando entradas con la etiqueta vila Magdalena. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vila Magdalena. Mostrar todas las entradas

11/9/25

COS PÉS NA TERRA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Na noso cole, cremos firmemente na importancia de formar cidadáns/ás conscientes, responsables e comprometidos/as co mundo que nos rodea. Por iso, estamos entusiasmados/as de presentar o noso novo Proxecto Documental Integrado (PDI): "Cos Pés na Terra". Este proxecto nace co obxectivo de conectar o noso día a día coa realidade global, enfocándose en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que consideramos fundamentais para o futuro.

Cales son os nosos ODS protagonistas?

Tras unha reflexión profunda e un traballo colaborativo, decidimos centrar os nosos esforzos e aprendizaxes en catro ODS clave que podemos abordar dende o noso centro e que teñen un impacto directo na nosa vila Magdalena e no planeta:

1.  ODS 3: Saúde e Benestar: Imos promover hábitos de vida saudables, tanto físicos como emocionais, entre o alumnado e toda a comunidade educativa. Aprenderemos sobre a importancia da nutrición, o exercicio, a hixiene e o coidado da saúde.

2.  ODS 11: Cidades e Comunidades Sustentables: Centrarémonos en como podemos facer do noso entorno, da nosa escola e da nosa vila Magdalena un lugar máis habitable, seguro e sostible. Traballaremos en proxectos que melloren o noso contorno, fomenten a participación e promovan o respecto pola diversidade.

3.  ODS 12: Produción e Consumo Responsables: Imos traballar para que os nosos alumnos/as comprendan a importancia de consumir de forma consciente, de reducir o desperdicio e de coñecer o ciclo de vida dos produtos. Aprenderemos sobre reciclaxe, reutilización e o impacto das nosas eleccións no medio ambiente.

4.  ODS 15: Vida de Ecosistemas Terrestres: Valoraremos e protexeremos a biodiversidade do Nosa Vila. Exploraremos a importancia dos ecosistemas, a flora e a fauna, e aprenderemos sobre a necesidade de preservar os nosos bosques, solos e a vida que albergan.

Este PDI será o fío condutor de moitas das nosas actividades ao longo do curso. Os alumnos/as terán a oportunidade de participar en:

Talleres prácticos: Relacionados coa saúde, a horta escolar, invernadoiro, a reciclaxe, a creación de espazos seguros e sostibles, etc.

Investigación e creación de contidos: Elaboración de murais, presentacións, vídeos e outros materiais que divulguen os ODS e as súas implicacións.

Saídas didácticas: Visitas a espazos naturais, plantas de reciclaxe, centros de saúde ou iniciativas comunitarias sostibles.

Colaboración con outras entidades: Buscaremos alianzas con asociacións ou institucións que traballen nestes obxectivos para enriquecer a nosa experiencia.

Estade atentos/as ás novidades que iremos compartindo sobre o desenvolvemento deste proxecto! Estamos seguros de que será unha viaxe de aprendizaxe incrible para todos/as.

Vémonos na biblio!!!




26/6/25

PDI VILA MAGDALENA

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

O curso xa rematou! Déixovos aquí unha recompilación con todo o que fixemos ao longo do ano en relación ao noso PDI "Vila Magdalena". 





16/6/25

ATA LOGO, PEQUEN@S BIBLIOTECARI@S! UNHA DESPEDIDA CHEA DE HISTORIAS

Bo día, Curuxiñalector@s!!

Hoxe é un día de emocións atopadas na noso cole. Por unha banda, sentimos a tristura de dicir "ata logo" a un grupo de nenos e nenas incribles que, durante este curso, foron o corazón da nosa biblioteca escolar. Por outra banda, sentimos un orgullo inmenso por todo o que aprenderon, creceron e achegaron á nosa comunidade lectora.

Durante meses, estes pequenos/as grandes axudantes dedicaron o seu tempo e enerxía a facer da nosa biblioteca un lugar aínda máis máxico. Coa súa ilusión e responsabilidade, encargáronse de tarefas tan importantes como:

- Organizar os libros: Asegurándose de que cada historia estivese no seu lugar, lista para ser descuberta por novas mans.

- Axudar aos/ás compañeiros/as: Orientando aos/ás máis pequenos/as na busca do seu próximo libro favorito e resolvendo dúbidas.

- Manter a orde: Coidando o espazo para que fose un lugar acolledor e inspirador para todos/as.

- Recomendar lecturas: Compartindo as súas propias paixóns literarias e animando a outros/as a mergullarse en novas aventuras.

A súa dedicación non só fixo que a biblioteca funcionase mellor, senón que tamén inspirou a moitos/as outros/as alumnos/as a amar a lectura e a participar activamente na vida escolar. Foron un exemplo de compromiso e servizo, demostrando que a lectura é unha aventura compartida.

Desde aquí, quero darlles as grazas de corazón a cada un/unha deles/as. A súa pegada queda nas páxinas dos libros que tocaron, nos sorrisos que provocaron e nas historias que axudaron a espallar. Sabemos que este non é un adeus, senón un "ata logo", xa que o amor polos libros e a aprendizaxe que cultivaron na biblioteca seguro que os/as acompañará sempre.

Deséxovos o mellor nas vosas próximas etapas e espero que sigades sendo grandes lectores/as e que nunca deixedes de explorar o marabilloso mundo das palabras.

Grazas, pequenos/as bibliotecarios/as, por facer da nosa biblioteca un lugar mellor e máis vivo!





11/6/25

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

 Ola, Curuxiñalector@s!

Onte, os nosos pequenos e pequenas de Vila Magdalena tiveron a oportunidade de visitar a biblioteca municipal, unha experiencia que resultou ser tanto educativa como divertida! Ao chegar, foron recibidos polas bibliotecarias, que lles deron unha pequena charla sobre o que é unha biblioteca e a importancia da lectura.

Despois da introdución, os nenos e nenas foron levados á sala infantil, un espazo máxico cheo de libros e contos. Alí, disfrutaron de dúas fermosas historias: "Elmer", o elefante multicolor que ensina sobre a aceptación e a amizade, e "Matrioska", un conto que invita á reflexión sobre a familia e as tradicións. Os pequenos quedaron fascinado coas narracións e participaron activamente na conversa sobre os personaxes e as leccións aprendidas.

Para rematar a visita, o alumnado tivo a oportunidade de expresar a súa creatividade coloreando debuxos relacionados cos contos que escoitaran. Foi unha forma divertida de consolidar o que aprenderan e dar rienda solta á súa imaxinación.

Esta visita á biblioteca non só axudou a descubrir o mundo dos libros, senón que tamén fomentou o amor pola lectura desde unha idade temperá. Estamos moi agradecidos ao persoal da biblioteca por facer esta experiencia tan especial!

Animamos a todos os pais e nais a visitar a biblioteca cos seus fillos e fillas e continuar fomentando esta bonita relación co mundo da lectura.






9/6/25

FEIRA DE ARTESANÍA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

O pasado 4 de xuño tivemos na nosa Vila Magdalena a última feira do curso, un estupendo mercado de artesanía a cargo dos nenos de 1º e 2º. Venderon pulseiras, colgantes e chaveiros. A verdade e que foi todo un éxito! Que ben o pasamos! Premede na imaxe para ver un vídeo resumo! 



 #AsProfesiónsDaNosaVila   #ArtesánsEArtesás  #1ºCiclo  #FeiraDeArtesanía

5/6/25

UNHA VILA SOLIDARIA

Bo día! Curuxiñalector@s!

Lembrades que o mes pasado os nenos e nenas de quinto organizaron na nosa Vila Magdalena un mercado solidario? Xusto! A feira de libros coa finalidade de recadar fondos para apoiar á asociación “A Xanela”! Que boa memoria!

Pois grazas ao esforzo e á colaboración de toda a comunidade escolar, conseguimos reunir unha cantidade importante de diñeiro. E hoxe, na biblioteca do cole, fixemos entrega á asociación dun cheque coa recadación conseguida xunto con varios agasallos, entre os que destacaba un bingo adaptado especialmente pensado para as persoas con discapacidade. Foi un momento moi emotivo no que os propios organizadores, os nenos e nenas de quinto, puideron facer entrega destes xestos de solidariedade e compromiso.

Queremos agradecer a todas as familias, profesorado e alumnado que colaboraron para que esta iniciativa fose un éxito. Este tipo de accións demostran o valor da empatía e da solidariedade, valores que queremos seguir fomentando no noso centro tal e como nos din os obxectivos da #axenda2030. Grazas a “A Xanela” por permitirnos formar parte deste proxecto tan especial.  

 
 

#UnhaVilaSolidaria


27/5/25

FEIRA DE ARTE

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

O pasado martes 20 de maio tivemos na nosa vila Magdalena unha fascinante feira de arte organizada polos nenos e nenas de 2º ciclo de primaria. Con moito esforzo adentráronse no mundo da arte e dos seus oficios montando un pequeno museo onde expuxeron todo o que aprenderon sobre os distintos autores/as traballados e as obras que eles mesmos realizaron inspiradas nalgunhas das pezas máis famosas da historia. Coa entrada ao museo, a modo de recordo, regalaban a cada visitante unha obra do seu gusto. 

Que ben o pasamos! Son uns verdadeiros artistas! Eu leveime para o meu niño unha lámina preciosa inspirada en Andy Warhol con magdalenas de cores moi vivas como honra ao nome da nosa vila. Estou encantada! 

Queredes ver unha pequena mostra da feira? Premede na seguinte imaxe para vela! 



 #AsProfesiónsDaNosaVila   #Artistas #2ºCiclo #FeiraDeArte

23/5/25

COLAXE CREATIVO OBRADOIRO MANGA

Bo día, Curuxiñalector@s!

Na nosa Vila Magdalena temos grandes artistas. Recentemente, os nosos Voador@s de Libros embarcáronse nunha emocionante aventura creativa ao realizar un mural que representa os viláns, vilás, heroes e heroínas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. Esta actividade non só foi divertida, senón que tamén serviu para educar aos nenos e nenas sobre a importancia de cada un destes obxectivos e o impacto que podemos ter no mundo.

@s integrantes do club de lectura traballaron en equipos para identificar qué problemas sociais e ambientais representan aos "viláns e vilás" e, por outro lado, que accións ou iniciativas podemos considerar como "heroes e heroínas". Cada grupo escolleu un obxectivo específico da Axenda 2030 e creou personaxes que simbolizan tanto os desafíos como as solucións.

O resultado final foi un mural vibrante e cheo de vida, onde os villáns son representados como problemas como a pobreza, a desigualdade ou a contaminación, mentres que os heroes son personaxes inspiradores que loitan por un futuro mellor, promovendo a educación, a igualdade de xénero e a acción climática.

Estamos moi orgullosos do esforzo e da creatividade dos nosos Voador@s.

Animámosvos a todos a visitar o mural e reflexionar sobre como podemos contribuír cada día á consecución destes obxectivos. Xunt@s podemos cambiar o mundo!
 

19/5/25

OBRADOIROS DE ROBÓTICA: CODING SET

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

Xa levamos varios luns facendoo e é todo un éxito! Os meus axudantes de biblio están a ensinar aos máis pequenos a empregar o Coding Set, unha das novas ferramentas que temos no cole no marco dos Polos Creativos. 

Tras unha pequena sesión onde expliqueilles como funcionaba, cada luns agora eles levan a cabo o obradoiro. Premede no vídeo para ver o moito que están aprender os nenos e nenas de primeiro! 




Grazas aos nosos maiores por estar sempre dispostos a colaborar e pola súa implicación coas actividades da biblio! Isto é xenial! Encántame ver como pequenos e maiores colaboran para facer un bo uso dos materiais do noso centro. A nosa Vila Magdalena cada día é máis competente no ámbito dixital e tecnolóxico!

16/5/25

RECOMPILANDO A NOSA TRADICIÓN ORAL

 Ola, Curuxiñalector@s! 

Déixovos por aquí unha recompilación do traballo feito por todos os coles de As Pontes e os seus arredores para  homenaxear ás nosas cantareiras que tanto fixeron ao longo dos anos para a transmisión da nosa cultura e da nosa lingua. Na nosa Vila Magdalena sempre temos moi presentes as nosas raíces que son as bases sobre as que construír o futuro co ollo sempre posto en mellorar seguindo os obxectivos da axenda 2030. 

 

Made with Padlet

15/5/25

AXÚDASME A MELLORAR?

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

Aínda que pareza mentira, xa non queda nada para que remate o curso. Todavía temos moitas actividades programadas pero achégase o momento de reflexionar sobre todo o traballo realizado e ver que cousas podemos mellorar. 

Xa sabedes que valoro moito a vosa opinión, polo que quería pedirvos a vosa colaboración respondendo a unhas preguntas breves (non vos levará máis de 5 minutiños). Axudaríadesme moito a hora de traer novos materiais e libros á biblio, así como a pensar en novas actividades de cara ao vindeiro curso. Este ano paseino xenial e quero que o curso 2025-2026 aínda sexa mellor para todos os habitantes desta vila Magdalena. 

Para axudarme so tedes que premer no enlace correspondente: 

  • Enquisa para alumnos se eres un estudant@ do cole.
  • Enquisa para familias se eres un pai/nai/tit@r interesado en axudar, tamén apreciamos as túas aportacións! Xa sabedes que sempre é un pracer contar convosco!
 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! 
GRAZAS POR AXUDAR Á BIBLIO A CRECER E MELLORAR! 

#BiblioLugarDeAprendizaxe #BiblioCuruxiña 

OBRADOIRO DE PROGRAMACIÓN

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

Os nenos e nenas de 4º A realizaron na clase un obradoiro de programación con Scratch, empregando as placas Makey Makey que chegaron este ano ao cole dentro do programa de Polos Creativos. Programaron a placa para que funcionara como un piano e así amenizar coas súas composicións a nosa Vila Magdalena. Que sairía de ahí? Queredes ver o resultado? Premede na seguinte imaxe para ver un vídeo coas súas creacións!



14/5/25

LANZAMENTO DE SATÉLITES: CANSAT

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Os nenos e nenas de 1ºA, veñen de asistir a fase estatal do proxecto CANSAT (preme para máis información). Este consiste en investigar e crear un mini satélite (do tamaño dun bote de refresco) e lanzalo cun microbit interno que recolle datos como: altura, presión, temperatura e velocidade.

Tiveron que facer varias probas e prototipos antes. Empregaron a impresora 3D e para o paracaídas reciclaron teas de paraugas que coseron eles mesmos. Que xeitos@s son os nos@s peques que saben reutilizar para a conservación do noso planeta e o cumprimento dos obxectivos da axenda 2030 polo que loitamos na nosa vila Magdalena.

Parabéns curuxiñaenxeñeir@s por estas creacións!!!




Preme no vídeo se queres ver o lanzamento! 



12/5/25

MERCADO SOLIDARIO

 Ola! Curuxiñalector@s! 

Xa temos todo preparados para o noso mercado solidario de libros! So faltades vos! Animádevos a vir, estamos a piques de abrir as nosas portas! Lembrade que todos os beneficios serán en favor dadoados á asociación "A Xanela" unha entidade sen ánimo de lucro que busca impulsar a autonomía, igualdade de oportunidades e inclusión das persoas maiores e con diversidade funcional. 

Na nosa Vila Magdalena estamos moi comprometidos coa causa, tal e como nos insta a Axenda 2030.Parécenos moi importante a labor que fai dita asociación e por iso estamos encantados de colaborar con eles! 

Se queredes saber máis sobre "A Xanela" podédes consultar a súa páxina web premendo no seguinte enlace: A XANELA



ARRINCA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

 Bo día! Curuxiñalector@s!

Comeza a semana das Letras Galegas! Como xa sabedes, este ano está dedicada as nosas cantareiras que transmitiron de xeración en xeración as cantigas, coplas e cancións populares que hoxe tod@s coñecemos. Estes días teremos un monte de visitas e actividades especiais na nosa Vila Magdalena! 

Lembrades que o outro día conteivos que estaba deseñando algo moi especial? Eran uns imáns para a neveira coa temática das Letras Galegas que espero que guste moito a todos os nosos invitad@s! Estade moi atentos para enterarvos de todo! 



#VivanAsNosasLetras! #LetrasGalegas #17Maio #EuFaloGalego #Cantareiras

9/5/25

TRALARI TRALARA QUE ESTAREI A CREAR?

Ola, Curuxiñalector@s! 

Este ano chegaron ao cole moitos trebellos novos que estou aprendendo a usar. Esta vez púxenme mans á obra coa impresora 3D para facer algo que espero guste moito. Estou desexando ver o resultado final, e vós? Estade moi atent@s que esta semana haberá sorpresas! 

Saudiños! Vémonos na biblio! 


#LetrasGalegas #EuFaloGalego


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Ola! Curuxiñalector@s! 

A vindeira semana ven cargada de actividades divertidas porque chegan as LETRAS GALEGAS! Como ben sabedes este ano dedícase ao cancioneiro popular transmitido de xeración en xeración grazas as nosas cantareiras. 

Non quero adiantar moito, estade moi atent@s ao blog para estar ao tanto de todo! Polo momento déixovos un enlace para poder escoitar distintas cancións, refráns, cantigas e ditos populares aportados polas vosas familias. Desfrutádeo moito!



 
#VivanAsNosasLetras 

8/5/25

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN MANGA PARA @S VOADORES DE LIBROS

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Onte, no noso Club de Lectura, tivemos unha xornada moi especial dedicada ao fascinante mundo da ilustración manga. O taller foi todo un éxito e os participantes non só aprenderon técnicas de debuxo, senón que tamén se mergullaron na cultura que rodea este estilo artístico tan popular.

Tivemos a sorte de contar con Sergio, un artista pontés, que nos introduciu nesta aventura e onde os nenos e as nenas aprenderon técnicas e trucos.

 Foi unha xornada moi creativa onde @s voadores deixaron voar a súa imaxinación e comezaron a debuxar os seus propios personaxes, viláns, vilás, heroes e heroínas. Quedou unha colaxe moi orixinal.

O taller de ilustración manga non só foi unha oportunidade para aprender, senón tamén para conectar con outros amantes da lectura e da arte. Estamos ansiosos por organizar máis actividades como esta no futuro!





7/5/25

OBRADOIRO DE ROBÓTICA: APRENDENDO CO CODING SET

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

Hoxe estiven explicando aos maiores do cole como funcionaba o Coding Set para que eles logo poidan explicarllo aos pequen@s. Estiveron super atentos e aprenderon super rápido. Agora xa estamos listos para realizar o obradoiro. Animádevos a participar! 

Estes obradoiros son unha oportunidade xenial para o desenvolvemento do pensamento computacionale a competencia aprender a aprender. O uso das novas tecnoloxías e a lingua de programación son aspectos básicos que debemos abordar dende a escola co fin de formar cidadáns competentes dándolles unha #EducaciónDeCalidade en cumprimento cos obxectivos da axenda 2030 que tan presentes temos na nosa Vila Magdalena.



 

A MÁXICA AVENTURA DEL LER EN FAMILIA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Que pena que rematemos as lecturas en familia! Espero que disfrutásedes moita da experiencia e creásedes recordos inesquecibles xuntos e xuntas. Aínda que esta actividade chegue ao seu fin, agardo que a paixón pola lectura continúe en cada un de vós. Recordade que ler é unha aventura que pode seguir en calquera momento, só fai falta un libro e un pouco de imaxinación!

Grazas as familias por facer esta experiencia tan divertida e especial!!! En vila Magdalena traballamos en colaboración coas familias para fomentar un entorno onde la lectura sexa vista como unha actividade valiosa e integral para o desenvolvemento dos nosos nenos e nenas.