Bo día, Curuxiñalector@s!
Aínda que pareza mentira, xa non queda nada para que remate o curso. Todavía temos moitas actividades programadas pero achégase o momento de reflexionar sobre todo o traballo realizado e ver que cousas podemos mellorar.
Xa sabedes que valoro moito a vosa opinión, polo que quería pedirvos a vosa colaboración respondendo a unhas preguntas breves (non vos levará máis de 5 minutiños). Axudaríadesme moito a hora de traer novos materiais e libros á biblio, así como a pensar en novas actividades de cara ao vindeiro curso. Este ano paseino xenial e quero que o curso 2025-2026 aínda sexa mellor para todos os habitantes desta vila Magdalena.
Para axudarme so tedes que premer no enlace correspondente:
- Enquisa para alumnos se eres un estudant@ do cole.
- Enquisa para familias se eres un pai/nai/tit@r interesado en axudar, tamén apreciamos as túas aportacións! Xa sabedes que sempre é un pracer contar convosco!
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
GRAZAS POR AXUDAR Á BIBLIO A CRECER E MELLORAR!
#BiblioLugarDeAprendizaxe #BiblioCuruxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario