Mostrando entradas con la etiqueta Unha viaxe no tempo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Unha viaxe no tempo. Mostrar todas las entradas

10/6/24

LIÑA UNHA VIAXE NO TEMPO

 Bo día, Curuxiñalector@s

O curso xa está rematando e con el a nosa viaxe no tempo. Ao longo de este ano aprendemos moitas cousas sobre o noso pasado, vivimos o presento e sentamos as bases dun prometedor futuro. Como resumo déixovos unha presentación que elaborei para recompilar todos os vosos traballos. Grazas por todas as aprendizaxes. Vémonos en setembro! 


29/5/24

ESPAZO EN FAMILIA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Onte tivemos a sorte de contar na nosa biblioteca cun contacontos moi especial. Espero que vos gustara tanto como a min. A seguir disfrutando coas lecturas!!!

    VÉMONOS NA BIBLIO!!! 








20/5/24

A VOSA OPINIÓN IMPORTA!!!

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Estamos xa a piques de rematar este curso e dende o equipo de biblioteca queremos saber as vosas opinións para poder mellorar e conseguir unha fantástica biblio. Entrade nos diferentes enlaces para acceder ás enquisas e poder cubrilas. 

ENQUISA FAMILIAS

ENQUISA ALUMNADO

ENQUISA PROFESORADO


17/5/24

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

O 16 de maio celebramos o festival das letras galegas do cole. Esta conmemoración gústame moito porque como xa sabedes a miña lingua é o galego. 

Continuando coa nosa viaxe no tempo, nesta ocasión trasladámonos ao pasado para coñecer á escritora homenaxeada este 2024: Luisa Villalta. E como puiden comprobar tod@s aprendíchedes moitas cousas sobre ela, parabéns! Paseino xenial no festival, bailando, cantando e desfrutando das vosas poesías e interpretacións. 

Como agasallo preparei un pequeno vídeo a modo de resumo dese día. Espero que vos guste! E non o esquezades: FALADE GALEGO!

#EuFaloGalego  #LetrasGalegas #17Maio #VivaGalicia #LuisaVillalta







15/5/24

A FESTA DOS MAIOS É A FESTA DA PRIMAVERA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Seguindo a nosa viaxe no tempo, rememoramos e celebramos a festa dos maios. Sabiades que é unha tradición que se remonta a épocas neolíticas? Nese contexto social onde a natureza era fundamental no día a día das persoas, contruíronse ritos que agradecían dalgún xeito esa forza rexenerativa da natureza.

Na biblioteca tamén desenvolvemos a nosa creatividade facendo unha réplica dun maio tradicional!!!

Da gusto entrar na biblio e ver as diferentes utilidades que se lle sacan. Grazas as familia por formar parte deste proxecto!!!









9/5/24

SEMANA DO LIBRO E DA SAÚDE

 Ola Curuxiñalector@s!

Como xa sabedes do 22 ao 26 de abril conmemoramos a semana do libro e da saúde. Como ben sabedes, esta é a miña semana preferida do ano, por que será? Nesta ocasión ocorréuseme organizar unha búsqueda do tesouro. Propúxenlle aos nenos e nenas o reto de atopar todas as pezas dun quebracabezas para conseguir o código co que abrir un cadeado e obter así un premio. Paseino xenial  escondendo as pezas nas casiñas dos meus poliños, pero sobre todo, vendo como desfrutaban os meus curuxiñalector@s! 

Para que vexades que penso en todo, os quebracabezas para resolver eran as portadas das últimas adquisicións que fixen para a biblio relacionadas coa nosa viaxe no tempo. 










8/5/24

AGASALLO PARA @S NOS@S ARTISTAS

 Ola, Curuxiñalector@s!

Na nosa viaxe no tempo  tivemos a sorte de ter no cole a impresora láser que nos prestou o CFR. Grazas a iso, estes foron os agasallos que recibiron os nosos nenos e nenas por dramatizar e animar á lectura dos contos "Coelliño branco" e "3 osos" polo día do libro. 





KAMISHIBAI COELLIÑO BRANCO

Ola, Curuxiñalector@s!

Déixovos a creación que fixeron os nenos e nenas de sexto e que dramatizaron o dia do libro aos máis pequenos e pequenas do cole. PARABÉNS polo voso traballo!



2/5/24

NOVO RECURSO

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Como me gusta que utilicedes todos os recursos que temos na biblio para practicar o aprendido nas clases. 



29/4/24

TROCOLIBRO 2024

 Ola, Curuxiñalector@s! 

Continuamos celebrando o DÍA DO LIBRO! Nesta ocasión traémosvos o xa tradicional TROCOLIBRO. Os nenos e nenas trouxeron libros que tiñan na casa para intercambiar nesta divertida feira, como agasallo recibiron un marcapáxinas da biblio deseñado especialmente para este día. Déixovos unha pequena mostra desta actividade que tanto me gusta. Eu troquei un meu por outro sobre as etapas da historia para seguir coa viaxe no tempo. Canto estou aprendendo! 

Ata a próxima! 







26/4/24

COELLIÑO BRANCO

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

Xa para rematar a semana do libro os nenos e nenas de sexto de primaria viaxaron no tempo ata  finais do século pasado, en concreto a 1998 para coñecer o conto "Coellino Branco". Fixeron unha representación cantada  do conto nun kamishibai elaborado por eles mesmos para os nosos pequen@s de 3,4 e 5 anos. ENCANTOULLES!





25/4/24

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN

Bo día, Curuxiñalector@s! 

Hoxe viñeron visitarme os nenos e nenas de cuarto de primaria. Na súa aula están facendo un traballo sobre os climas e querían saber máis sobre o tema. Que mellor lugar que a biblio para a búsqueda de información! Xa sabedes que temos unha gran variedade de recursos para as vosas pesquisas e que podedes vir sempre que queiradas a completar as vosas tarefas. Ademais estes días chegaron ás miñas mans novos exemplares para aprender moitas cousas e seguir viaxando no tempo. 

ESPÉROVOS!

#Traballoenequipo #Biblioparatodo #Investigación 




23/4/24

INAUGURACIÓN DA SELVA DAS LETRAS

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

Para inaugurar a selva das letras, un novo espazo de lectura creado para os nenos de infantil, 1º e 2º de primaria, e co gallo do día do libro, un grupo de nenas de 5 anos realizaron unha viaxe no tempo e adentráronse na historia do conto "Os 3 osos" para facer unha versión teatral da mesma para os pequenos/as de 3 e 4 anos. Fixerono incrible e o público divertiuse moitísimo! Seica este cole está cheo de grandes artistas! PARABÉNS!

#Díadolibro  #Teatro #Contosdesempre 



19/4/24

O COELLIÑO BRANCO

 Ola, curuxiñalector@s! 

A vindeira semana para conmemorar o día do libro os alumnos e alumnas de sexto de primaria, tras moitas semanas de preparación, presentarán ante os pequenos/as do cole un kamishibai cantado elaborado por eles do libro "Coelliño Branco". Que grandes artistas! Que sorte teñen os nosos nenos/as de infantil, co que lles gusta ese conto! 

#Díadolibro #kamishibai #XoséBallesteros









4/4/24

COMERÍATE A VERSOS

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Fai pouco comenteivos que o día 21 conmemorábase o día da poesía que, como xa sabedes, é un dos meus xéneros preferidos. Aprendimos moito sobre a composición poética. Recitamos poemas do pasado para continuar coa nosa viaxe no tempo e incluso animámosnos a crear os nosos propios versos. Queredes ver unha mostra? Premede na foto e desfrutade con un pequeno vídeo resumo. 

Que ben o pasamos! 

#ComeríateAVersos #SomosPoetas 




3/4/24

OBRADOIRO COSTURA CREATIVA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

A semana do 15 de abril comezaremos un obradoiro de costura creativa na biblio. Na vosa quenda aprenderedes a plasmar as vosas ideas con teas e fíos. Eu xa me estou preparando para crear unha fermosa peza inspirada na nosa viaxe polo tempo. 

Espérovos! 



22/3/24

LER POR PRACER NAS VACACIÓNS

 Bo día Curuxiñalector@s! 

O segundo trimestre chega á súa fin. Temos por diante unha semana para descansar, xogar e desfrutar. Unha forma de continuar viaxando no tempo durante estas pequenas vacacións é a través dos libros. Por se vos animades déixovos unhas recomendacións de lectura de cinco estrelas. 

#LerPorPracer 








DÍA DO TEATRO

 Bo día, Curuxiñalector@s!

O teatro é unha forma marabillosa de fomentar o desenvolvemento nos nenos e nenas. Participar en actividades teatrais ou na creación das mesmas esperta habilidades como a expresión oral, a creatividade, a confianza en si mesmo, a empatía e a colaboración. Ademais bríndavos a oportunidade de explorar diferentes perspectivas, emocións e situacións, o que contribúe ao voso desenvolvemento emocional e intelectual.

Déixovos unha mostra do ben que o están a pasar experimentando e creando pezas teatrais viaxando no tempo.

 



18/3/24

DÍA DA POESÍA

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

Este xoves 21 de marzo facemos unha pequena parada dentro da nosa viaxe no tempo para conmemorar o día da poesía. Déixovos unhas recomendacións lectoras para que celebredes esta data que tanto me gusta. Que viva a poesía! 



11/3/24

SEMANA DA PRENSA

Ola, Curuxiñalector@s!

Sígovos amosando cousiñas da semana da prensa no noso cole. Como podedes ver, traballouse arreo.