Unha viaxe no tempo

10/5/24

OBRADOIRO DE COSTURA

Bo día, Curuxiñalector@s!

Que ben o estamos a pasar nos recreos na biblio. Que orixinais son as vosas creacións!!!





Na nosa viaxe no tempo seguimos argallando. Vide a plasmar as vosas ideas!!!

ESPÉROVOS!!!



9/5/24

SEMANA DO LIBRO E DA SAÚDE

 Ola Curuxiñalector@s!

Como xa sabedes do 22 ao 26 de abril conmemoramos a semana do libro e da saúde. Como ben sabedes, esta é a miña semana preferida do ano, por que será? Nesta ocasión ocorréuseme organizar unha búsqueda do tesouro. Propúxenlle aos nenos e nenas o reto de atopar todas as pezas dun quebracabezas para conseguir o código co que abrir un cadeado e obter así un premio. Paseino xenial  escondendo as pezas nas casiñas dos meus poliños, pero sobre todo, vendo como desfrutaban os meus curuxiñalector@s! 

Para que vexades que penso en todo, os quebracabezas para resolver eran as portadas das últimas adquisicións que fixen para a biblio relacionadas coa nosa viaxe no tempo








8/5/24

AGASALLO PARA @S NOS@S ARTISTAS

 Ola, Curuxiñalector@s!

Seguimos coa nosa viaxe no tempo, e no presente tivemos a sorte de ter no cole a impresora láser que nos prestou o CFR. Grazas a iso, estes foron os agasallos que recibiron os nosos nenos e nenas por dramatizar e animar á lectura polo Día do Libro. 





KAMISHIBAI COELLIÑO BRANCO

Ola, Curuxiñalector@s!

Déixovos a creación que fixeron os nenos e nenas de sexto e que dramatizaron o dia do libro aos máis pequenos e pequenas do cole. PARABÉNS polo voso traballo!



7/5/24

DÍA DA FAMILIA

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

Mirade que bonita está a nosa entrada á biblioteca. Como se nota que o tempo está empezando a cambiar e temos uns días estupendos. Vide a ollar estes fermosísimos libros.



29/4/24

TROCOLIBRO 2024

 Ola, Curuxiñalector@s! 

Continuamos celebrando o DÍA DO LIBRO! Nesta ocasión traémosvos o xa tradicional TROCOLIBRO. Os nenos e nenas trouxeron libros que tiñan na casa para intercambiar nesta divertida feira, como agasallo recibiron un marcapáxinas da biblio deseñado especialmente para este día. Déixovos unha pequena mostra desta actividade que tanto me gusta. Eu troquei un meu por outro sobre as etapas da historia para seguir coa viaxe no tempo. Canto estou aprendendo! 

Ata a próxima! 







26/4/24

COELLIÑO BRANCO

 Bo día, Curuxiñalector@s! 

Xa para rematar a semana do libro os nenos e nenas de sexto de primaria viaxaron no tempo ata  finais do século pasado, en concreto a 1998 para coñecer o conto "Coellino Branco". Fixeron unha representación cantada  do conto nun kamishibai elaborado por eles mesmos para os nosos pequen@s de 3,4 e 5 anos. ENCANTOULLES!