Ola, Curuxiñalector@s!
Onte, os nosos pequenos e pequenas de Vila Magdalena tiveron a oportunidade de visitar a biblioteca municipal, unha experiencia que resultou ser tanto educativa como divertida! Ao chegar, foron recibidos polas bibliotecarias, que lles deron unha pequena charla sobre o que é unha biblioteca e a importancia da lectura.
Despois da introdución, os nenos e nenas foron levados á sala infantil, un espazo máxico cheo de libros e contos. Alí, disfrutaron de dúas fermosas historias: "Elmer", o elefante multicolor que ensina sobre a aceptación e a amizade, e "Matrioska", un conto que invita á reflexión sobre a familia e as tradicións. Os pequenos quedaron fascinado coas narracións e participaron activamente na conversa sobre os personaxes e as leccións aprendidas.
Para rematar a visita, o alumnado tivo a oportunidade de expresar a súa creatividade coloreando debuxos relacionados cos contos que escoitaran. Foi unha forma divertida de consolidar o que aprenderan e dar rienda solta á súa imaxinación.
Esta visita á biblioteca non só axudou a descubrir o mundo dos libros, senón que tamén fomentou o amor pola lectura desde unha idade temperá. Estamos moi agradecidos ao persoal da biblioteca por facer esta experiencia tan especial!
Animamos a todos os pais e nais a visitar a biblioteca cos seus fillos e fillas e continuar fomentando esta bonita relación co mundo da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario