Bo día, Curuxiñalector@s!
Onte, no noso Club de Lectura, tivemos unha xornada moi especial dedicada ao fascinante mundo da ilustración manga. O taller foi todo un éxito e os participantes non só aprenderon técnicas de debuxo, senón que tamén se mergullaron na cultura que rodea este estilo artístico tan popular.
Tivemos a sorte de contar con Sergio, un artista pontés, que nos introduciu nesta aventura e onde os nenos e as nenas aprenderon técnicas e trucos.
Foi unha xornada moi creativa onde @s voadores deixaron voar a súa imaxinación e comezaron a debuxar os seus propios personaxes, viláns, vilás, heroes e heroínas. Quedou unha colaxe moi orixinal.
O taller de ilustración manga non só foi unha oportunidade para aprender, senón tamén para conectar con outros amantes da lectura e da arte. Estamos ansiosos por organizar máis actividades como esta no futuro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario