23/5/25

COLAXE CREATIVO OBRADOIRO MANGA

Bo día, Curuxiñalector@s!

Na nosa Vila Magdalena temos grandes artistas. Recentemente, os nosos Voador@s de Libros embarcáronse nunha emocionante aventura creativa ao realizar un mural que representa os viláns, vilás, heroes e heroínas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. Esta actividade non só foi divertida, senón que tamén serviu para educar aos nenos e nenas sobre a importancia de cada un destes obxectivos e o impacto que podemos ter no mundo.

@s integrantes do club de lectura traballaron en equipos para identificar qué problemas sociais e ambientais representan aos "viláns e vilás" e, por outro lado, que accións ou iniciativas podemos considerar como "heroes e heroínas". Cada grupo escolleu un obxectivo específico da Axenda 2030 e creou personaxes que simbolizan tanto os desafíos como as solucións.

O resultado final foi un mural vibrante e cheo de vida, onde os villáns son representados como problemas como a pobreza, a desigualdade ou a contaminación, mentres que os heroes son personaxes inspiradores que loitan por un futuro mellor, promovendo a educación, a igualdade de xénero e a acción climática.

Estamos moi orgullosos do esforzo e da creatividade dos nosos Voador@s.

Animámosvos a todos a visitar o mural e reflexionar sobre como podemos contribuír cada día á consecución destes obxectivos. Xunt@s podemos cambiar o mundo!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario