Bo día, Curuxiñalector@s!
Os nenos e nenas de 1ºA, veñen de asistir a fase estatal do proxecto CANSAT (preme para máis información). Este consiste en investigar e crear un mini satélite (do tamaño dun bote de refresco) e lanzalo cun microbit interno que recolle datos como: altura, presión, temperatura e velocidade.
Tiveron que facer varias probas e prototipos antes. Empregaron a impresora 3D e para o paracaídas reciclaron teas de paraugas que coseron eles mesmos. Que xeitos@s son os nos@s peques que saben reutilizar para a conservación do noso planeta e o cumprimento dos obxectivos da axenda 2030 polo que loitamos na nosa vila Magdalena.
Parabéns curuxiñaenxeñeir@s por estas creacións!!!
Preme no vídeo se queres ver o lanzamento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario