Bo día! Curuxiñalector@s!
Lembrades que o mes pasado os nenos e nenas de quinto organizaron na nosa Vila Magdalena un mercado solidario? Xusto! A feira de libros coa finalidade de recadar fondos para apoiar á asociación “A Xanela”! Que boa memoria!
Pois grazas ao esforzo e á colaboración de toda a comunidade escolar, conseguimos reunir unha cantidade importante de diñeiro. E hoxe, na biblioteca do cole, fixemos entrega á asociación dun cheque coa recadación conseguida xunto con varios agasallos, entre os que destacaba un bingo adaptado especialmente pensado para as persoas con discapacidade. Foi un momento moi emotivo no que os propios organizadores, os nenos e nenas de quinto, puideron facer entrega destes xestos de solidariedade e compromiso.
Queremos agradecer a todas as familias, profesorado e alumnado que colaboraron para que esta iniciativa fose un éxito. Este tipo de accións demostran o valor da empatía e da solidariedade, valores que queremos seguir fomentando no noso centro tal e como nos din os obxectivos da #axenda2030. Grazas a “A Xanela” por permitirnos formar parte deste proxecto tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario