Esta semana, o noso club de lectura celebrou a esperada xornada de peche, un evento que combinou a maxia da literatura co saber exquisito da comida xaponesa, todo en torno a temática do libro que lemos. Desde o principio, a atmosfera era festiva. Os membros do club chegaron listos para compartir as súas reflexións sobre a obra. As páxinas do libro transportáronnos a unha cultura rica en tradicións e sabores, e que mellor maneira de pechar esta experiencia cunha degustación deste tipo.
Para rematar, non podía deixar de agradecer a tod@s os participantes que asistiron e contribuíron a facer deste club algo especial. Foi a miña primeira vez nesta andaina e síntome moi orgullosa dos Voadores de libros. A imaxinación non ten límites, por iso voade alto con cada libro que leades!
Vémonos o curso que vén!
No hay comentarios:
Publicar un comentario