Bo día, Curuxiñalector@s!
Co gallo do día do libro, dende a biblioteca queremos convidarvos a participar nunha actividade creativa e divertida: o "BOOKFACE".
En que consiste? Trátase de facer unha fotografía na que a portada dun libro se mesture coa realidade, creando unha imaxe orixinal e sorprendente, como no exemplo que vos amosamos. Podedes escoller o libro que máis vos guste.
Recordade enviar as vosas fotografías ao noso correo: curuxinaplumina@gmail.com
Data límite 30 de abril.
Agardamos contar coa vosa participación!



No hay comentarios:
Publicar un comentario