Bo día, Curuxiñalector@s!
Cada día a nosa biblio convértese nun espazo cheo de vida, creatividade e aprendizaxe compartida. O alumnado disfruta dos recunchos lectores, dos xogos educativos, dos recursos tecnolóxicos, da creación artística e, sobre todo, dun ambiente tranquilo e acolledor no que compartir tempo cos compañeiros e compañeiras.
As tardes na biblio son xa un momento moi esperado por todos e todas, favorecendo a convivencia, a autonomía e o gusto pola lectura e pola creatividade.
Moitas grazas ao alumnado e ás familias pola súa participación e colaboración. Seguimos enchendo a nosa biblioteca de historias, sorrisos e momentos especiais!

No hay comentarios:
Publicar un comentario