13/4/26

HISTORIAS QUE ENGANCHAN E POMPAS QUE ESCAPAN

 Bo día, Curuxiñalector@s!

No club de lectura fixemos un bonito intercambio de libros e comezamos novas lecturas cheas de ilusión. Os voador@s de 6ºB, despois de gozar das súas historias, saíron emocionadísimos co agasallo final: un pompero, en honra á señorita Bubble. Un detalle divertido que puxo o broche perfecto a unha xornada chea de imaxinación e gañas de seguir lendo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario