Ola, Curuxiñalector@s!
Na biblio sequimos medrando e incorporando novos recursos para aprender xogando. Esta vez queremos contarvos que xa temos dispoñibles unha selección de xogos cooperativos que están desexando saír das caixas e comezar a diversión. Estes non buscan gañadores nin perdedores, senón que fomentan o traballo en equipo, a colaboración e a axuda entre iguais.
Entre as novidades podedes atopar propostas moi variadas, dende aventuras nas que hai que superar retos conxuntamente ata xogos de observación e estratexia adapatados aos mías pequenos. Todos eles pensados para compartir, dialogar e, sobre todo, pasalo ben mentres aprendemos a cooperar.
Anímovos a achegarvos á biblio, escoller un xogo e poñelo en marcha. Porque xogar xuntos tamén é unha forma de medrar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario