Bo día, Curuxiñalector@s!
Onte na biblioteca, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria tivo a sorte de recibir a visita do escritor Pere Tobaruela, quen achegou aos rapaces e rapazas ao fascinante mundo do seu libro Formig4s. Durante o encontro, o autor compartiu curiosidades sobre a obra, explicou o proceso de creación da historia e animou ao alumnado a facer preguntas, xerando un diálogo moi enriquecedor. Os nenos e nenas amosaron un grande interese, participando activamente e domostrando o seu entusiasmo pola lectura.
Esta actividade enmárcase dentro das iniciativas da biblioteca escolar para fomentar o gusto polos libros e achegar a literatura aos máis novos dunha maneira próxima e motivadora. Sen dúbida, foi unha experiencia moi especial que deixou unha pegada moi positiva en todo o alumnado participante.





No hay comentarios:
Publicar un comentario