20/4/26

BOOKTUBERS EN ACCIÓN! LECTURAS QUE ENGANCHAN!

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Xa queda pouco para o día do libro e o alumnado de 6º continuou co proxecto que iniciamos o curso pasado, converterse en aunténticos booktubers. Durante estas semanas, os nenos e nenas estiveron preparando as súas recomendacións, nas que comparten as súas opinións, os seus momentos favoritos e as razóns polas que animan a outro compañeir@ a lelos. A través de vídeos cheos de creatividade, ilusión e moito entusiasmo, amosan non só o seu gusto pola lectura, senón tamén as súas habilidades comunicativas e dixitais. 

Este proxecto permítenos seguir fomentando o amor polos libros dun xeito dinámico e motivador, convertendo ao alumnado en protagonistas da súa aprendizaxe.

Anímovos a ver os seus vídeos e a descubrir novas lecturas da man dos nosos pequen@s grandes booktubers!



No hay comentarios:

Publicar un comentario