Bo día, Curuxiñalector@s!
Hoxe celebramos o noso apadriñamento lector. O alumnado de 5º e 6º de primaria converteuse en padriños e madriñas lectores, compartindo tempo e ilusión cos seus afillados e afilladas.
Aproveitando o bo día, saímos ao exterior do colexio para gozar da lectura ao aire libre. En distintos recunchos do patio, os maiores leron contos con moito agarimo, creando momentos únicos cheos de complicidade, aprendizaxe e entusiasmo polos libros.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas, na que se fomentou o gusto pola lectura e se fortaleceron os lazos entre o alumnado de diferentes cursos. Sen dúbida, unha actividade para repetir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario