16/3/26

INNOVACIÓN E CREATIVIDADE

Bo día, Curuxiñalector@s!

Esta semana tivemos un obradoiro creativo cos nenos e nenas de 6º no que puideron achegarse a dúas técnicas moi interesantes: a resina UV e o lapis 3D. A actividade tivo como obxectivo fomentar a creatividade, a experimentación e o uso de novas ferramentas de creación.

Na primeira parte coñecemos que é a resina UV e como se utiliza. O alumnado aprendeu a empregar moldes, combinar cores e engadir pequenos elementos decorativos. Despois, coa axuda dunha lámpada de luz ultravioleta, puido observar como o material empregado se endurece rapidamente e se transforma nunha peza sólida. 

A continuación descubrimos o funcionamento do lapis 3D, unha ferramenta que permite debuxar en tres dimensións e tamén axuda a traballar a coordinación, a paciencia e a imaxinación.

Este tipo de talleres non só permiten aprender novas técnicas artísticas, senón que tamén fomentan a curiosidade, a creatividade e o traballo manual nun ambiente colaborativo e divertido.

Quero agradecer a mestra Bea, pola súa experiencia e dedicación, e a todos e todas os que participaron con entusiasmo nesta aventura. Dende a biblioteca seguiremos ofrecendo actividades que convertan a mesma nun espazo de aprendizaxe, creación e encontro para toda a comunidade.









No hay comentarios:

Publicar un comentario