Bo día, Curuxiñalector@s!
No noso club de lectura de 6º B, vivimos unha sesión moi especial na que, por un intre, deixamos de ser lectores e lectoras para converternos en protagonistas. Inspiradas e inspirados por a obra que estamos a ler, puxémonos na pel de Eleonora e deixamos voar a nosa imaxinación.
A actividade consistiu en representar unha escena moi simbólica: Eleonora absorbendo a tinta do libro de Drácula para despois liberala nun libro en branco, protexendo así a historia e dándolle unha nova vida. Cada quen interpretou o seu papel, coidando os xestos, os silencios e mesmo a "maxia" dese momento tan especial.
Foi unha experiencia chea de creatividade, na que xogamos co poder da historia e coa idea de que os libros están vivos, latexan e poden transformarse.
Sen dúbida,foi unha maneira diferente e moi divertida de achegarnos á lectura... porque ás veces, para entender unha historia, hai que vivila dende dentro.




No hay comentarios:
Publicar un comentario