7/4/26

HISTORIA A CEGAS E DEBUXOS TOLOS

 Bo día, Curuxiñalector@s!

No último encontro do noso club de lectura decidimos facer algo diferente. Como xa rematáramos o libro, demos paso á creatividade colectiva. Organizamos dúas dinámicas moi divertidas que puxeron a proba a nosa imaxinación... e tamén a nosa capacidade de sorprendernos!

A primeira consistiu en crear unha historia ente todas e todos, pero cunha pequena trampa: cada persoa só podía ver a grase que escribira a anterior. Así, cada quen tiña que continuar o relato sen coñecer o comezo nin saber cara a onde ía. O resultado foi unha historia chea de xiros inesperados, momentos absurdos e tamén algunhas coincidencias máxicas que nos fixeron rir moitísimo.

A segunda dinámica foi semellante, pero desta vez cambiamos as palabras polos debuxos. Como era de esperar, o resultado final pouco tiña que ver co inicio, converténdose nunha cadea de imaxes surrealistas que espertaron a nosa curiosidade e moitas gargalladas.

Foi unha sesión diferente, chea de complicidade que nos lembrou que a lectura tamén pode ser un punto de partida para xogar, crear e compartir. Sin dúbida, repetiremos a experiencia!




No hay comentarios:

Publicar un comentario