Bo día, Curuxiñalector@s!
Na entrada da biblioteca xa temos preparado un recuncho mío especial para dar a benvida a todo o alumnado: un fermoso carriño cheo de recomendacións lectoras arredor da temática “cos pés na terra”. Este pequeno espazo foi coidado con moito agarimo, creando un ambiente acollador que invita a achegarse, mirar e descubrir novas historias.
No carriño pódense atopar contos e álbumes ilustrados que falan da natureza, do coidado do medio ambiente, dos animais e das plantas. Historias que nos lembran a importancia de respectar e protexer a nosa contorna, ao tempo que nos fan gozar da lectura. Porque ler tamén é unha forma de poñer os pés na terra... e de entender mellor o mundo que nos rodea.
Animámosvos a pasar pola biblioteca, descubrir o carriño e deixarvos sorprender por todas as historias que agardan nel.

No hay comentarios:
Publicar un comentario