16/3/26

A COCIÑAR...TEATRO! A NOSA "MELLOR SOPA DO MUNDO!

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Os nenos e nenas de 2ºB convertéronse en auténticos actores e actrices para preparar unha divertida dramatización do conto "A mellor sopa do mundo". Durante varios días estiveron lendo o conto, coñecendo aos personaxes e preparando os diálógos. Tamén organizaron quen faría cada papel e ensairon con moita ilusión para que todo saíse o mellor posible.

Cando chegou o momento, representaron a obra para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de E. Primaria o cal gozou moito coa historia e prestou moita atención ás aventuras dos personaxes. 

Esta actividade tamén está relacionada co noso PDI "Cos pés na terra", xa que a historia fala dos alimentos, das verduras e da importancia do que a terra nos ofrece para poder elaborar comidan tan saudables como unha boa sopa.

 Foi unha experiencia moi divertida na que practicaron a lectura, a expresión oral e o traballo en equipo.

  Parabéns pequenos e pequenas artistas polo voso esforzo e pola fantástica representación!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario