Bo día, Curuxiñalector@s!
O pasado venres vivimos unha xornada moi especial no centro coa celebración do noso desfile e baile "Cos pés na terra". Foi unha mañá chea de cor, música e moita emoción, na que o alumnado amosou todo o traballo realizado durante as últimas semanas.
Cada grupo participou con entusiasmo, lucido as súas creación e enchendo o espazo de alegría. O desfile foi unha mostra de creatividade e compromiso, mentres que o baile puxo o broche final a unha celebración na que as familias tamén puideron compartir e gozar con nós.
Esta actividade enmárcase dentro do noso PDI, a travès do cal estamos a afondar na importancia de coidar a terra, valorar as nosas raíces e tomar conciencia do noso papel na protección do medio. "Cos pés na terra" non foi só un lema, senón unha invitación a reflexionar, aprender e medrar xuntos desde o respecto e a responsabilidade.
Grazas a toda a comunidade educativa pola súa implicación e colaboración para facer desta xornada unha experiencia inesquecible. Seguimos camiñando, cos pés na terra e a mirada posta no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario