Bo día, Curuxiñalector@s!
O venres 27 de febreiro, o alumnado de 6ºA realizará unha actividade moi especial: contarán e cantarán un conto en linguaxe bimodal, combinando a expresión oral cos signos, para compartir unha experiencia inclusiva e chea de emoción.
As sesións organizaranse nos seguintes horarios:
• 🕥 De 10:30 a 10:50 → para o alumnado de 3 anos
• 🕚 De 10:55 a 11:15 → para o alumnado de 5 anos
• 🕧 Ás 12:40 → para o alumnado de 4 anos
A representación bimodal combina a expresiones oral coa lingua de signos, permitiendo que a mensaxe cheque a todas as persoas a través de dúas canles simultáneas: a voz e o xesto. Deste xeito, non só traballamos a comprensión lectora e a expresión oral, senón tamén a inclusión, a empatía e o respecto pola diversidade lingüística.
Esta actividade enmárcase dentro do noso PDI, xa que a través destes contos afondamos na relación co medio natural, na importancia dos animais e na observación do ceo e da lúa como elementos presentes na nosa contorna.
Seguiremos compartindo os avances desta experiencia tan enriquecedora. Estamos seguros e seguras de que será unha representación chea de emoción, aprendizaxe e compromiso.


No hay comentarios:
Publicar un comentario