20/2/26

PLANTANDO PENSAMENTOS

Ola, Curuxiñalector@s!

Cada 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da literatura galega e símbolo do noso rexurdimento cultural. No noso centro, este ano imos celebralo cunha actividade moi especial, enmarcada no noso PDI “Cos pés na Terra”.

Seguindo coa filosofía do noso proxecto, realizaremos a plantación de pensamentos, a planta identificativa da autora homenaxeada. 

Na biblio contamos co Herbario de Rosalía. Este libro achéganos á figura da mesma desde unha perspectiva diferente, descubrindo as plantas, flores e elementos da natureza que están presentes na súa vida e na súa obra. Un recurso perfecto para seguir traballando o noso PDI para conectar literatura e natureza. Con esta celebración queremos manter viva a súa memoria e seguir camiñando "Cos pés na terra", orgullosos e orgullosas da nosa lingua, da nosa cultura e das nosas raíces.

A biblioteca é un espazo vivo... e Rosalía tamén medra nela! 






No hay comentarios:

Publicar un comentario