11/2/26

CIENCIA CON PERSPECTIVA E COMPROMISO

Bo día, Curuxiñalector@s!

No marco da celebración do Día da muller e a nena na ciencia, no noso cole quixemos poñer en valor o papel fundamental das mulleres no ámbito científico, visibilizando referentes e, sobre todo, espertando vocacións entre o noso alumnado. Ao longo da xornada realizamos diferentes experimentos relacionados cos estados da auga e coa reciclaxe do poliestireno expandido, conectando así coa ciencia desde unha perspectiva práctica, manipulativa e significativa.
Esta actividade permitiunos comprender mellor os procesos naturais e a importancia de coidar un recurso esencial para a vida.
Tamén investigamos que é o poliestireno expandido, un material moi utilizado en envases e embalaxes. Falamos do seu impacto ambiental e da necesidade de reducir, reutilizar e reciclar para minimizar os residuos. 
Aprendemos experimentando, cuestionando e reflexionando, siempre cos pés na terra e coa mirada posta nun futuro máis xusto e sostible. Seguimos avanzando cara unha escola comprometida coa igualdade, a reciclaxe, a reutilización e coidado do medio ambiente. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario