9/2/26

NARIZ VERMELLO VISITOU A NOSA BIBLIOTECA

Bo día, Curuxiñalector@s!

Na biblioteca tivemos unha visita moi especial. Veu a autora e a ilustradora do conto "Nariz Vermello". Durante a sesión, contounos unha historia moi divertida. Mentres escoitábamos o conto, fomos descubrindo esa fronteira entre o que é verdade e o que é a imaxinación, deixando no aire a idea de que o trasno podería estar agora mesmo na casa de quen le o libro.

Os nenos e nenas escoitaron con moita atención e gozaron das ilustracións. Despois, nas mesas, atoparon selos con personaxes e partes da historia. Con eles xogaron a estampar, a crear debuxos e a inventar as súas propias composicións.

Moitas grazas a Cristina e a Laura por esta experiencia tan enriquecedora e participativa, que convertiu a biblioteca nun espazo de xogo, creación e amor polos libros. Sen dúbida unha actividade para lembrar.









No hay comentarios:

Publicar un comentario