8/2/26

O MECO MANDA… E NÓS CUMPRIMOS COS PÉS NA TERRA!

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Xa temos listos os mandatos! No noso centro xa está todo preparado para dar comezo a unha das celebracións máis divertidas: o Entroido. O Meco xa chegou cargado de enerxía e boas ideas e acompañado dos seus tradicionais mandadiños, que este ano están moi relacionados co noso PDI de centro " Cos pés na terra". Unha proposta que nos invita a divertirnos, pero tamén a reflexionar sobre o coidado da nosa tera, as raíces e o respecto pola nosa contorna.

Ao longo dos vindeiros días, o alumnado e o profesorado irán cumprindo as normas, que nos animan a vir disfrazados con elementos naturais, cores da terra, materiais reutilizados ou referencias á vida no campo, á natureza e ás tradicións. Deste xeito, o Entroido convértese nunha oportunidade perfecta para aprender, crear e gozar, mantendo sempre os pés ben asentados na terra.

Seguide atentos e atentas ao noso blog e aos correderes do centro, porque o Meco falará... e haberá que obedecer! Risas, creatividade e moita conciencia ambiental están aseguradas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario