23/2/26

IMAXINAR, CREAR E INNOVAR

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Nas próximas semanas poñeremos en marcha outros obradoiros creativos dirixidos ao alumnado de 6º de E. Primaria, nos que poderán experimentar con diferentes técnicas e ferramentas como a costura creativa, a resina UV,  a cortadora láser e os bolígrafos 3D. Será unha oportunidade para dar renda solta á súa imaxinación, combinando artesanía e tecnoloxía, ao tempo que desenvolven habilidades como a creatividade, a precisión, o traballo en equipo e a confianza nas súas propias capacidades. Estamos desexando descubrir todas as ideas e as creacións que xurdirán desta experiencia.





No hay comentarios:

Publicar un comentario