23/2/26

PLANTAMOS PENSAMENTOS PARA LEMBRAR A ROSALÍA

Bo día, Curuxiñalector@s!

No cole quixemos facer unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da nosa cultura e da nosa literatura.

Para iso, realizamos unha actividade moi especial: plantamos pensamentos, a flor que se di que era a favorita de Rosalía. Mentres preparábamos a terra e colocabamos as plantas, fomos falando sobre quen foi e por que segue sendo tan importante para Galicia.

Ademais, todas as clases do cole colaboraron elaborando carteis informativos sobre a autora. Cada grupo investigou e preparou o seu cartel con datos, debuxos e información sobre a súa vida, a súa obra e a súa importancia para a nosa lingua e cultura. 

Con actividades como esta seguimos aprendendo, investigando e coñecer mellor a nosa historia e as persoas que deixaron pegada nela, sempre cos pés na terra e co corazón en Galicia.

Aquí tedes unha mostra de todo o que fixemos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario