20/2/26

RECORTANDO IDEAS, PEGANDO APRENDIZAXES

 Ola, Curuxiñalector@s!

O xoves 26 teremos unha sesión do noso Obradoiro de Biblioteca Creativa, nesta ocasión dedicada ao colaxe, unha técnica artística que fomenta a imaxinación, a creatividade e a expresión persoal a través da combinación de imaxes, cores e texturas. 

Unha vez máis, a biblioteca escolar amosa que é moito máis ca un lugar de préstamo de libros: é un espazo dinámico onde se investiga, se crea e se comparte coñecemento.

Porque aprender tamén é recortar, combinar… e volver mirar o mundo con outros ollos. Vémonos na biblioteca!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario