17/11/25

O NADAL CHEGA Á BIBLIOTECA E A SOSTENIBILIDADE INSPÍRANOS

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Xa se sente o espírito do Nadal na nosa biblioteca! As luces comezan a brillar e, coma cada ano, o noso carriño de recomendacións lectoras énchese de tesouros perfectos para gozar durante estas festas. Dende contos entrañables ata novelas que invitan á reflexión, hai algo para cada gusto e idade.

Así que, mentres vos preparades para as festas, convidámosvos a pasar pola biblioteca. Podedes deixarvos levar polo ambiente do Nadal, descubrir a vosa próxima lectura favorita e, quen sabe, ¡quizais inspirarvos para aplicar un chisco máis desa conciencia sustentable que aprendemos nos obradoiros!



No hay comentarios:

Publicar un comentario