16/11/25

NOVAS HABILIDADES PARA UN FUTURO SOSTIBLE

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Esta semana na biblioteca, tivemos o pracer de ter os obradoiros "Xestión de Residuos e Compostaxe Escolar" con Ángel de Euroeume. Estes talleres ofreceron unha oportunidade única para adentrarnos no mundo da sostenibilidade e o coidado do medio ambiente.

Ángel ensinounos a clasificar e xestionar correctamente os residuos na nosa escola e nos nosos fogares. Aprendemos o proceso de compostaxe, desde que materiais se poden utilizar ata como crear o noso propio compost.

Destacouse a relevancia de reducir, reutilizar e reciclar para minimizar o noso impacto ambiental.

Con estes obradoiros, buscamos fomentar unha conciencia ambiental na nosa comunidade e equipar aos nenos e nenas con ferramentas para facer un cambio positivo.

Agardamos que tod@s disfrutaran e aprenderan!

No hay comentarios:

Publicar un comentario