11/11/25

DA TEORÍA Á PRÁCTICA. TRAS A CHARLA, HORA DE XOGAR!

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Hoxe tivemos unha visita moi especial e instrutiva na nosa biblioteca. Recibimos a nai dunha nena de 5º de E.Infantil, que nos dedicou o seu tempo para falarnos sobre un tema que nos encanta, a importancia dos xogos de mesa!

A nosa invitada compartiu connosco como os xogos de mesa axudan ao desenvolvemento d@s nen@s, fomentando a paciencia, a lóxica, a toma de decisións e, por suposto, o tempo de calidade en familia.

Moitas grazas  por compartir a túa experiencia e por lembrarnos o valor de xogar xunt@s!




No hay comentarios:

Publicar un comentario