7/11/25

AS NOSAS CHAPAS COS PÉS NA TERRA!

Bo día, Curuxiñalector@s!

Estamos moi orgullosa de compartir convosco o resultado das nosas creacións! Como sabedes, un dos nosos obxectivos é fomentar que vós sexades quen cree e ensine. Por iso, os nos@s alumn@s prepararon un vídeo titorial onde vos explican, paso a paso, como se fan as chapas. El@s foron @s encargad@s de manexar as ferramentas e explicar cada detalle, demostrando que a creatividade non ten límites!

Estas chapas son moi especiais, xa que utilizamos o seu coñecemento para facer as que entregamos como agasallo no Día das Bibliotecas Escolares, levando o logo do noso PDI.

Vede o vídeo aquí para aprender a facer as vosas propias creacións.




Aproveitamos para lembrarvos que a Biblioteca Creativa está sempre aberta para calquera proxecto que queirades impulsar!



No hay comentarios:

Publicar un comentario