4/11/25

O NOSO INVERNADOIRO E COMPOSTEIRO XA ESTÁN LISTOS

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Temos unha noticia fantástica que conecta directamente coas lecturas das nosas Mochilas Viaxeiras e o noso PDI, "Cos Pés na Terra"!

A teoría que lemos nos libros sobre ciclos naturais e coidado do solo xa non é só papel. Xa temos o noso propio invernadoiro e composteiro en funcionamento!. Agora podemos poñer en práctica todo o aprendido sobre a xerminación, o crecemento das plantas e a importancia dos hábitos saudables . O composteiro permítenos entender de primeira man como os restos orgánicos se transforman en alimento para a terra, pechando o ciclo da natureza que tanto estudamos.

Vinde pronto ver como as sementes que lemos nos libros comezan a crecer de verdade!

No hay comentarios:

Publicar un comentario