Bo día, Curuxiñalector@s!
Saímos no xornal! O noso centro escolar foi seleccionado para participar no programa "Recíclate con Sogama". Esta iniciativa pon de manifesto o noso compromiso coa xestión sostible dos residuos no ámbito escolar, apostando por boas prácticas de redución, reutilización e reciclaxe.
A través deste programa, afondaremos na importancia de coidar o noso planeta, implementando na nosa rutina diaria accións que minimicen o noso impacto ambiental. Estamos moi orgullos@s de formar parte deste proxecto e de poder contribuír a crear unha comunidade educativa máis concienciada e respectuosa co medio ambiente.
Se premedes na imaxe poderedes ler a nova no xornal!

No hay comentarios:
Publicar un comentario