6/10/25

SE TI LES EL@S LEN

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Temos unha noticia fantástica que compartir con toda a comunidade educativa! Pensando en como facilitarvos o acceso á lectura e fomentar o hábito en casa, creamos un novo recuncho de lectura informal dentro do edificio administrativo do colexio. É un punto pensado para que, mentres facedes xestións administrativas, poidades botarlle un ollo ás novidades ou coller un libro para ler na casa. Queremos que a biblioteca sexa un recurso DE TOD@S e PARA TOD@S. Para iso, seleccionamos títulos e revistas moi interesantes. 

Pasade a visitalo cando veñades polo centro! Estamos seguros de que atoparedes lecturas marabillosas!




No hay comentarios:

Publicar un comentario