25/9/25

CASTING NA BIBLIO

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Na nosa biblioteca, as actividades non paran de florecer! Despois do éxito dos Recreos Creativos, hoxe tráiovos outra proposta emocionante e chea de maxia: un casting para seleccionar aos nosos futuros actores e actrices!

Quero que os alumnos e alumnas de 6º de Primaria se convertan en auténticos contacontos para os máis pequenos da escola. Dramatizarán un conto especial sobre emocións e alimentos, ligado a Cos Pés na Terra.

Estou desexando ver quen se anima a dar vida a este conto tan especial. Imos darlles aos máis pequenos unha viaxe inolvidable polo mundo das emocións, a alimentación e a conciencia do noso entorno, todo grazas á maxia do teatro e da lectura.

Que comece a aventura!



No hay comentarios:

Publicar un comentario