16/10/25

O LADRÓN DE FOLLAS, UNHA AVENTURA COS PÉS NA TERRA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Hoxe na selva das letras os pequenos e pequenas do cole tiveron unha sesión de contacontos moi especial onde a literatura e a robótica se deron a man para traballar o noso Proxecto Documental Integrado, Cos Pés na Terra.

Comezamos a sesión lendo o fermoso conto "O Ladrón de Follas". Esta historia ensinounos moito sobre a importancia de coidar a nosa contorna, as árbores e, por suposto, a importancia de recoñecer o valor das cousas que nos rodean. Despois de escoitar a historia, chegou o momento de poñer en práctica o aprendido dunha maneira moi divertida. Os nosos rapaces e rapazas tiveron que programar ao noso robot para que se convertese nun detective de follas!

Unha xornada onde a imaxinación, a lectura e a programación se uniron para reforzar a mensaxe de que debemos ter sempre "os pés na terra" e coidar o que temos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario