17/10/25

NOVIDADES NA BIBLIO

  Bo día, Curuxiñalector@s!

A nosa biblioteca está de festa porque acabo de recibir unha chea de novidades que van dar moito que falar durante este curso. Estes novos títulos veñen de dous xeitos moi importantes:

1.  As Vosas Peticións: Recibín moitos dos libros que nos solicitastes o curso pasado. Xa sabedes que escoito as vosas suxestións e traballo para traervos as historias que máis vos apetecen ler.

2. Novidades do PDI: Tamén incorporamos material fresco directamente relacionado co noso Proxecto Documental Integrado, Cos Pés na Terra. Estes libros axudaranos a seguir investigando e aprendendo sobre o noso entorno.

O mellor de todo é que moitos destes novos libros serán os protagonistas das nosas queridas mochilas viaxeiras. Así, poderedes levar a casa as últimas novidades e compartilas coa vosa familia durante uns días. Estade atentos/as aos avisos para saber cando comezan a saír as mochilas con estes novos tesouros literarios. ¡A biblioteca está máis chea de aventuras ca nunca!


Preparados para as Mochilas Viaxeiras???

No hay comentarios:

Publicar un comentario