Bo día, Curuxiñalector@s!
Estes días estamos a vivir un frenesí de ensaios para a gran celebración do Día das Bibliotecas Escolares o vindeiro 23 de outubro.
Os nos@s maiores están convertidos en auténticos actores e actrices, preparando a dramatización de, Que tal vexetal!". É incrible ver como dominan as voces e os xestos para transmitir todas as emocións que este conto tan ligado ao noso PDI nos ofrece. A colaboración é total; están a aprender que o traballo en equipo fai que a historia sexa moito máis potente.
Estou moi orgullosa do seu esforzo. Xa case están listos para levar a maxia da lectura e o coidado da terra ao escenario infantil!
Parabéns voluntari@s!!! Sodes uns e unhas artistas en potencia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario