Bo día, Curuxiñalector@s!
Temos unha celebración moi especial á vista! O vindeiro 23 de outubro, conmemoraremos o Día das Bibliotecas Escolares na etapa de infantil.
Os maiores do colexio terán a oportunidade de ler e dramatizar o conto, Que tal vexetal!. Este libro é perfecto porque, ademais de falarnos de emocións, conecta directamente co noso PDI, Cos pés na terra. Ao falar das emocións a través dos vexetais, reforzamos a idea de que o noso benestar está ligado ao coidado do noso entorno e da terra. Despois da lectura, teremos unha serie de xogos moi divertidos que estarán relacionados co noso Proxecto Documental Integrado. Será un día cheo de aprendizaxes, risas e, sobre todo, de moita maxia literaria!
Déixovos aquí o horario para ese día pequenos e pequenas curuxiñas.
Vémonos na biblio, agardan sorpresas!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario