Bo día, Curuxiñalector@s!
Chegou a época máxica do outono, e con ela, a celebración de Samain e Halloween. Este ano, imos darlle unha volta de temática salvaxe e literaria! Para iso, preparamos unha xornada chea de misterio e aprendizaxe, conectando as nosas tradicións coa lectura e o noso PDI, Cos Pés na Terra.
Teremos sesión de storytelling en inglés con contos que mesturan o misterio de Halloween con personaxes da natureza (fantasmas de follas, morcegos, etc.).Relacionaremos as historias de Samain co ciclo da natureza que estamo s a estudar. Falaremos de como o outono é o tempo de recolleita, descanso e transformación, igual que as historias de medo nos fan reflexionar sobre o cambio.
As nosas aulas, os corredores e a biblioteca converteranse en escenarios encantados! Decoraremos os espazos con caixas terroríficas (castelos encantados, cadaleitos, cabazas...) Por iso, pregamos a todas as familias que se animen a traer unha creación propia decorada con motivos de medo, empregando materiais reciclados. Esta actividade non só fomenta a creatividade, senón que tamén promove a conciencia ambiental, a sustentabilidade e o amor pola natureza.
Creatividade ao servizo do planeta!

No hay comentarios:
Publicar un comentario