Bo día, Curuxiñalector@s!
Que semana tan especial vivimos! Celebramos por todo o alto o Día das Bibliotecas Escolares durante o xoves, venres e luns, e quero compartirvos estas aventuras.
@s Pequen@s Exploradores (Infantil), despois da emocionante dramatización do conto "Que tal vexetal!", mergulláronse en xogos. Realizaron actividades centradas en experimentar con diferentes alimentos e recoñecer as emocións que nos provocan (sorpresa, noxo, ledicia..). Todo isto estivo ligado ao noso Proxecto Documental Integrado, afondando no respecto polos alimentos e a alimentación sa.
@s Maiores (Primaria) tiveron un reto de investigación! Superaron diferentes probas relacionadas cos Pés na terra e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, como os hábitos saudables. Resolveron "O Enigma do Candado" no cal o obxectivo final era atopar o código segredo para abrir a mochila viaxeira que levarán a casa: 2030. Este número simboliza o ano no que queremos ver o mundo que estamos a construír!
Foi unha semana de moita lectura, aprendizaxe activa e traballo en equipo. Grazas a tod@s os que participastes!
Déixovos unha mostra do ben que o pasamos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario