6/4/25

ESTAMOS DE ANIVERSARIO!

Bo día, Curuxiñalector@s! 

A nosa Vila Magdalena está de aniversario! Este curso cúmprense 50 anos dende que o CEIP A Magdalena abriu as súas portas. Son moitas as persoas que pasaron por aquí, nenos e nenas que se formaron e agora son pais, nais, algúns incluso avós... Tamén traballaron moitos mestres e mestras deixando a súa pegada en cada aula. 

Para celebralo os mestres do cole prepararon unha bonita exposición con fotografías deste último medio século, coa nosa historia, e eu preparei coa máquina cortadora do cole uns bonitos detalliños como homenaxe ao noso cole. Espero que vos gustaran moito!


                 




No seguinte enlace podedes acceder a unha noticia do xornal o prograso onde se recolle unha crónica do sucedido na gran festa celebrada onte! Que ben o pasamos! "O CEIP A MAGDALENA CELEBRA O SEU 50 ANIVERSARIO".

#50AnosEnsinando #50AnosAprendendo

No hay comentarios:

Publicar un comentario