Bo día, Curuxiñalector@s!
Para conmemorar o día da poesía invitei a todos os curuxiñalector@s a participar nunha actividade moi divertida durante a hora de ler. Os poemas son un tipo de textos que non soen resultar moi atractivos e eu quixen demostrarlles que isto non é así. Deixei colgados polo cole uns carteis regalando versos e cada neno/a puido escoller o seu. Pero había un pequeno problema os pareados estaban incompletos e tiñan que encontrar a súa parella entre os versos dos seus compañeiros/as. Que ben o pasaron!
Unha vez xuntaran os versos do pareado os pequen@s da Vila Magdalena continuaron traballando sobre a poesía na clase inventando un novo verso que rimara co que colleran. Son uns verdadeiros poetas!
#DíaDaPoesía2025 #APoesíaÉDivertida
No hay comentarios:
Publicar un comentario