28/3/25

DEBUXOS INCOMPLETOS: UNHA NOVA VISIÓN

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Os VOAdor@s de libros volvéronse a xunta! Esta vez tiveron unha nova misión: A partir de diferentes elementos clave da historia (un sombreiro, as ás dunha bolboreta, unha casa tradicional xaponesa, unha cerdeira, etc) tiveron que crear un novo debuxo no que se vira outra cousa diferente. 

A tarefa quería amosar aos nenos e nenas como unha mesma historia pode ter distintas perspectivas segundo a persoa que a lea, igual que unha imaxe pode ter diferentes interpretacións dependendo dos ollos que a miren. 

A actividade foi todo un éxito e os debuxos quedaron xenial. Os nosos VOAdor@s de libros son uns artistas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario