Bo día, Curuxiñalector@s!
Co gallo do día do teatro os nenos e nenas de 4º A traballaron a dramatización e o guión teatral na aula adaptando contos tradicionais a este formato. Por grupos escolleron un conto e transcribiron en forma de guión unha escena. Logo prepararon o vestiario e un pequeno decorado para representar a obra diante dos seus compañeiros e compañeiras.
Déixovos unhas fotos para que o vexades! Que ben o fixeron! A nosa Vila Magdalena está chea de talentos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario