Bo día, Curuxiñalector@s!
Seica agora mesmo tedes tod@s as vosas cabezas na vindeira semana de vacacións. Ben merecidas que as tedes despois de tanto traballo ao longo deste trimestre! Eu vou ir voando (sorte que ten unha de ser curuxa) de vacacións a Tenerife a remollar as miñas plumas! E vós, que ides facer?
Pero sabedes que? Nada máis volver temos unha data moi especial que celebrar. O DÍA DO LIBRO! Este ano, en lugar do xa tradicional trocolibro tiven unha nova idea. Que vos parece se recreades a portada dun libro que vos guste moito nunha foto? Mirade que chulo este exemplo que mandaron as profes da biblio!
Se trata de que fagades na casa algo similar co voso conto preferido e as vosas familias o envien ao meu correo curuxinaplumina@gmail.com.
O prazo para enviar as vosas fotos remata o venres 25 de abril. Estade moi atentos ao blog porque o día 29 publicaremos todas as fotos recibidas e anunciaremos aos 4 gañadores (1 por ciclo) dese premio especial.
Só por participar teredes un pequeno agasallo, pero para as máis orixinais haberá un premio especial. Animádevos a participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario